Xosé Manuel Pereiro
...........
,.,
Logo de Xornal.com
  
  •  Martes, 09 de febrero de 2010Número 3716 |  Año IX
  • | Fundado en 1999
  • |
  •  
  • RSS Portada

Carodtas
Xosé Manuel Pereiro

Jueves, 29 de enero de 2004
VOTA Sin interés Poco interesante De interés Muy interesante De gran importancia
RESULTADOS DE VOTOSSin interésPoco interesanteDe interésMuy interesante
Imprimir Enviar


Non sei se vostedes son tamén presa do moi xeneralizado síndrome do caracol ou da atención retráctil. O que fai que recollamos as antenas cando hai un bombardeo mediático sobre un tema que, con razón ou sen ela, entendemos que non é para tanto ou alleo á nosa escala de intereses. Eu si, aínda que por profesión non debería, así que probablemente me estou perdendo algo por non ler a letra pequena ou as telenoticias grandes do caso Carod Rovira.

De feito, sigo sen captar que delicto cometeu o denostado Rovira. Dado o rachar de vestiduras xeneralizado, nun primeiro momento sospeitei que na entrevista co tal Antza e o tal Ternera, o republicano de referencia e ex alumno do profesor Basilio Losada lles pasara información sensible. Pero non debeu ser así, porque as instancias fiscais non aprecian materia penal, nin sequera o fiscal Cardenal coa súa supersensibilidade arácnida para detectar insidias antigubernamentais. En canto ás acusacións do Goberno de que Carod non deu parte ás autoridades, imaxino que o que lle achacan é unha falta ás actuais normas de etiqueta que obrigan a intercambiar tarxetas persoais con teléfono, enderezo e e-mail, antes incluso de chocar a man e de decir iso de “nos llamamos un día y comemos”. Ademais, as autoridades xa o sabían. Polo menos o ABC e o Centro Nacional de Intelixencia que, ó parecer, gravou o encontro. Se seguían ós xefes de ETA, por que non os trincaron, e se seguían a Carod, que menos que desculpar o feo (si, espiar ós representantes políticos é moi feo, e quizais delicto) dándolle as gracias por axudar a detelos. Calquera cousa menos actuar como reporteiros de Alarma 112.

Así que o de Carod debeu ser un erro político. Comprendo que neste momento está mal vista calquera proposta política sobre ETA/Batasuna/Plan Ibarretxe/Fermín Muguruza que non sexa regañar os dentes, pero ata hai un par de anos, falar non estaba tipificado como traición ó Estado. Falar, e incluso negociar con ETA (si, pásmense, negociar: dar a cambio de que dean) fixérono os gobernos de UCD, do PSOE e do PP. Admito que Carod Rovira non era o interlocutor axeitado, pero no momento que atravesa ETA, propoñeríanlle unha entrevista ata ó alcalde Ares (a escoller calquera dos dous).

Do que si é reo Carod é de inxenuidade ou da vaidade políticas. Imaxínoo aturando que lle vendaran os ollos e o marearan de acá para alá, mentres pensaba: “vou pasar á historia” (como efectivamente está pasando). Supoño que en Cataluña deben estar pensando que fóra de alí estamos todos dos nervios, e suponse que aquí fóra debería haber algunha forza política que se preocupara de poñer as cousas no seu sitio xusto. Pero quen podía tomou a decisión hai tempo que asumiu que en terra de lobos hai que ouvear como todos, e agora fan o canelo.

Un consello ós cataláns, que non lle houbo que repetir ós madrileños: voten ás dereitas como todo o mundo, e fóra problemas. Miren o ben que estamos aquí, sexa aquí-aquí ou de camareiros en Canarias.

---
Más información: España: Xornal.es Galicia: Xornal.com

Imprimir Enviar

COMENTARIOS
Asunto: Po-las liberdades
Autor: o diaño dos numeros
Comentario:
Identifícome co teu artigo Dame noxo tanta manipulación... así actuaba Goebels cando quería fixar os seus obxetivos, tal e como fan alguns politicos e extensions mediáticas para criminalizar, derrubar e facer masa. ¡Ollo!... que non nos narcoticen ou nos metan o medo no corpo.
>Responder a este comentario<

Asunto: as conversas Eta-Carod
Autor: anónimo veneciano (centauro@mosquera.com)
Comentario:
30.1.2004
Sinto unha verdadeira repugnancia ante o acontecido, o xeito de leva-lo tema o Goberno, á procura sen escrúpulos dunha maioría que, precisamente polo caso Carod, poden perder.
O nacionalismo ten que reaccionar.
Traballo bo o de Pereiro. Saúde!

>Responder a este comentario<

Asunto: noraboa
Autor: toxo (toxo@galizalivre.org)
Comentario:
noraboa polo artigo e as opinióms dos meus companheiros. Xa pensaba eu que nom había xente con senso común na Galiza ou no resto do estado. Perante a hipocresía reinante, e a manipulazóm mediatica ó servizo do PP é hora de reaxir (pero, sen violenza eh?, que aquí logo che ponhem espías). Como se sentem agora os do PSOE cando vem ó que pode chegar o PP na súa manipulazóm da política e o discurso até se-lo abandeirado do ultranacionalismo espanhol e autonomearse o único partido "nazi"onal que vixía (co CNI ás súas ordes) polo estado e a unidade da patria? Pois iso senhores é o que levam facendo co nacionalismo dende hai 8 anos no estado e xa nom me lembro de cantos anos na Galiza. De verdade, venha todos contra eles nas vindeiras eleizóms. Ímoslhe dar nos dentes (senso figurado, por se acaso :-)
>Responder a este comentario<

Asunto: Europa
Autor: Proposta
Comentario:
Eu faria unha proposta para que toda-las forzas nacionalistas fixeran unha soa lista (a que se lle poida votar en todo o estado) encabezada por xente coma Carod, Beiras,
... para o parlamento europeo.

>Responder a este comentario<

Asunto: Espías ata no retrete
Autor: María Cordeda (cordeda@hotmail.com)
Comentario:
Mañá, DÍA 30, é o día no que nas escolas preténdese desaprender a guerra.
É algo obligatorio nos plans de educación.
¿Cómo se pode mixturar isa obriga coa persecución de conversas para que ETA deixe de matar?.
O Pereiro ten moita razón hai moito CADROTA.
¡ANTE A VIOLENCIA NEGOCIACIÓN!

>Responder a este comentario<

Asunto: as conversas Eta-Carod
Autor: anónimo veneciano (centauro@mosquera.com)
Comentario:
30.1.2004
Sinto unha verdadeira repugnancia ante o acontecido, o xeito de leva-lo tema o Goberno, á procura sen escrúpulos que, precisamente polo caso Carod, poden perder.
O nacionalismo ten que reaccionar.
Traballo bo o de Pereiro. Saúde!

>Responder a este comentario<

Nombre:
E-Mail:
Titulo:
Comentario:
Inserta el número de la derecha
Términos de uso
Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e instituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
  
  •  Martes, 09 de febrero de 2010Número 3716 |  Año IX
  • | Fundado en 1999
  • |
  •  
  • RSS Portada

© XORNAL.COM, Fundado en 1999 como "EL PRIMER DIARIO ELECTRÓNICO DE GALICIA"
   R/ Galileo Galilei, 4B (Polígono A Grela), 15008 A Coruña (España)
   Teléfono de atención al suscriptor: 902 212 444

Redacción: redaccion@xornaldegalicia.com
Publicidad: publicidade@xornaldegalicia.com
Suscripciones: atencion@xornaldegalicia.com