Xosé Manuel Pereiro
...........
,.,
Logo de Xornal.com
  
  •  Martes, 09 de febrero de 2010Número 3716 |  Año IX
  • | Fundado en 1999
  • |
  •  
  • RSS Portada

O caso do crime sen móbil
Xosé Manuel Pereiro

Jueves, 05 de agosto de 2004
VOTA Sin interés Poco interesante De interés Muy interesante De gran importancia
RESULTADOS DE VOTOSSin interésPoco interesanteDe interésMuy interesante
Imprimir Enviar


Cargo estes días cun tocho de letra miúda. 374 páxinas e encadernación resistente ás vicisitudes veraniegas: Memorias de Sherlock Holmes (II). Las aventuras de Sherlock Holmes. Cada vez que lle dou botado un ollo ó libro, boto de menos a época en que o descubrín e, sobre todo, boto de menos a súa asombrosa perspicacia para descubrir a maior misterio dos nosos tempos: o caso dos incendios forestais, ou como o titularía Sir Arthur Conan Doyle, o caso do pavoroso crime sen motivo aparente.

Caso de que –en expresión de moda nos círculos culturais- se me puxese a tiro o trebello do tempo que lle inventou H.G. Wells ó famoso detective, presentaríame intempestivamente no seu cuarto de Baker Street e deixaríalle adiviñar que, polas bolsas dos pantalóns nos xeonllos, paso tempo traballando sentado, pero polo gasto das solas dos zapatos, tamén ando de aquí para aló. Polo acento sacaría que son paisano deses primitivos celtas do sur que se están instalando nos últimos tempos en Portobello Road. Logo expoñeríalle o caso.

- Míster Holmes, acudo a Vostede porque, como todos os que se lle presentan intempestivamente, ningunha outra instancia me deu resolto o problema que someto á súa consideración, e que considero que é estraño dabondo para estimular o seu proverbial enxeño. O caso é (seguiría xa en linguaxe normal, para non cansarme nin eu nin vostedes) que a miña terra sufre desde hai unha chea de anos uns pavorosos incendios sen explicación. O país é húmido, pero arde máis que a máis seca das terras. Non é que non haxa medios para apagalos. Cada ano hai un inxente exército de homes e máquinas, pero nin por esas. Levamos 400.000 hectáreas en 15 anos, gastados 500 millóns de libras esterlinas, e seguimos nas mesmas

-Querido e peculiar amigo –repoñería Holmes tirando da cachimba- como xa deixou recollido o meu estimado Watson en Las aventuras de un caso de identidad, os grandes crimes adoitan ser os máis sinxelos, porque canto máis grande é o crime, máis evidente resulta, polo xeral, o móbil.

-Esa é outra. Que non hai móbil. Ou hai moitos, pero non dan para tanta desfeita.

-Curioso –rosmaría, penso que case desconcertado, o mítico detective- Pero sen dúbida esa situación causará unha grande alarma na súa sociedade, en todos os sectores, desde as altas institucións políticas ata as clases industriosas, por non falar dos xornais, sempre ó quite dos sucesos que poden ser causa de excitación popular.

-Oia, menos mal que non está Watson, porque non dá unha –responderíalle, collendo confianza- Non hai alarma ningunha nin por riba nin por baixo.

-Pero terá habido algunha detención, por moito que a súa policía sexa como os esforzados pero limitados axentes de Scotland Yard –contestaría, xa apoucado- e terán feito algunha declaración que bote luz sobre o caso...

-Si, pero en parte ningunha apareceu o que declararon, co que non confesaron nada de interese, digo eu.

-Xa, sorprendente... verá, agora estou moi ocupado co caso dunha antiga amante do rei de Bohemia que tenta chantaxealo cunha fotografía –diría, despedíndome.

-Non se preocupe. Ela vai casar con outro e pasará do rei –vingaríame mentres me erguía.

O que eu sospeitaba, nin Sherlock Holmes, farto de cocaína e co violín escabelado de tanto usalo (como Rocío Jurado o amor) daría resolto o misterio dos incendios forestais en Galicia.

Imprimir Enviar

COMENTARIOS
Nombre:
E-Mail:
Titulo:
Comentario:
Inserta el número de la derecha
Términos de uso
Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e instituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
  
  •  Martes, 09 de febrero de 2010Número 3716 |  Año IX
  • | Fundado en 1999
  • |
  •  
  • RSS Portada

© XORNAL.COM, Fundado en 1999 como "EL PRIMER DIARIO ELECTRÓNICO DE GALICIA"
   R/ Galileo Galilei, 4B (Polígono A Grela), 15008 A Coruña (España)
   Teléfono de atención al suscriptor: 902 212 444

Redacción: redaccion@xornaldegalicia.com
Publicidad: publicidade@xornaldegalicia.com
Suscripciones: atencion@xornaldegalicia.com