 |
| ¿Qué porcentaxe de inserción laboral ten a FP? |
A tasa de inserción laboral dos alumnos galegos de Formación Profesional é do 79% de promedio, chegando nalgúns ciclos ao 97%, segundo un recente estudo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria sobre os alumnos que terminaron os seus estudos no ano 2003.
|
| Martes, 14 de junio de 2005 |
|
XORNAL I Santiago .- Un dato especialmente relevante é que dous tercios dos titulados atopan traballo nun período inferior a seis meses e a inmensa maioría, un 95,6%, o fan na propia comunidade autónoma de Galicia, segundo as conclusións do estudo, cuxa elaboración concluíu recentemente.
Os resultados deste traballo demostran a adaptación ao tecido produtivo e ás necesidades empresariais acadada polo sistema galego de Formación Profesional, considerado o máis desenvolvido de España xunto ao do País Vasco, segundo diversos estudos comparativos de ámbito nacional.
Para a confección do informe, o departamento que dirixe Celso Currás Fernández utilizou unha mostra de 6.771 alumnos, sobre un total de 11.621 que finalizaron FP en 2003. Esta ampla mostra permite obter datos desagregados por ciclos formativos, polo que é un estudo máis completo que os realizados anteriormente.
Este estudo está incluído no Programa Estatístico Anual da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005 e cabe sinalar así mesmo que foi informado positivamente pola Axencia Nacional de Protección de Datos o día 3 de febreiro de 2005.
FAMILIAS MÁIS DEMANDADAS.- As familias industriais, do sector primario e do sector servizos son, con carácter xeral, as que presentan taxas de inserción máis elevadas. Familias profesionais de carácter industrial: Madeira e Moble (97,0%); Fabricación Mecánica (91,7%); Mantemento de Vehículos Autopropulsados (87,2%), Electricidade e Electrónica (86,0%). Familias profesionais relacionadas co sector primario: Actividades Marítimo-Pesqueiras (94,7%). Familias profesionais relacionadas co sector servizos: Hostalería e Turismo (86,6%); Imaxe Persoal (85,4%).
Entre outros datos, o estudo indica que a gran maioría dos titulados (un 88,4%) colocáronse no sector privado, e un 27,8% atopou emprego na mesma empresa na que realizou a FCT (Formación en Centros de Traballo).
Un 68,2% dos colocados declarou ter atopado un posto de traballo relacionado directamente cos estudos realizados. Esta porcentaxe é significativamente elevada nas familias profesionais de Actividades Marítimo- Pesqueiras (83,3%); Edificación e Obra Civil (83,5%); Imaxe Persoal (85,4%); e Madeira e Moble (90,1%).
COLOCACIÓN CASE INMEDIATA.- Dáse a circunstancia de que máis de dous tercios dos titulados que atoparon emprego fixérono en menos de seis meses. Destacan pola rapidez en conseguir emprego as familias profesionais de Fabricación Mecánica; Madeira e Moble; Edificación e Obra Civil; e Mantemento de Vehículos Autopropulsados, que o fixeron en menos de seis meses en porcentaxes superiores ao 80% dos titulados.
Outro dato de interese é que un tercio dos titulados declarou atoparse continuando estudos de formación profesional (25,6%), universitarios (36,2%) ou outros (38,2%).
Merecen así mesmo mención uns ciclos formativos de carácter moi polivalente que dan acceso a un amplo número de ocupacións. Un claro exemplo son as familias profesionais de Administración e de Comercio e Márketing, actualmente con ampla oferta formativa, que teñen taxas de inserción do 80,4% e 80,1% respectivamente.
|
|
|
| Términos de uso |
|
Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés
general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. |
| Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra
Redacción. |
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la
web. |
|
|
|
 |
ENVIAR A |
|
|
|
|
|
|
|
|
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente |
|
|