Roberto Laxe
...........
,.,
Logo de Xornal.com
  
  •  Martes, 09 de febrero de 2010Número 3716 |  Año IX
  • | Fundado en 1999
  • |
  •  
  • RSS Portada

Pero España existe
Roberto Laxe

Lunes, 26 de septiembre de 2005
VOTA Sin interés Poco interesante De interés Muy interesante De gran importancia
RESULTADOS DE VOTOSSin interésPoco interesanteDe interésMuy interesante
Imprimir Enviar


Repitese ata a saciedade que a burguesía galega non actúa con criterio de país, e iso é ben certo: o drama da Galiza foi que cando a burguesía podía facer a súa revolución, e xa vai delo máis de 150 anos, foi cipaya do estado central, impendidoo (ata fai moi pouco, Fraga negaba a posibilidade dunha seleccion galega de futbol, porque coñecia o poder simbolico e identificatorio do futbol hoxe en día), e, de sempre, actuando de intermediarios entre as redes productivas galegas e os mercados finais, xa fora este Gran Bretaña, Cataluña ou España.

Pero que a burguesía maioraitarmente non o faga, non quere decir que non o sexa.

E para demostralo, nada máis claro que ver como actuan os contrarios.

Cando a OPA de GAS NATURAL contra Endesa, Esperanza Aguirre puxo sobre a mesa do capital español a consigna: as empresas non poden irse o extranxeiro -dixo en alto o que se pensa en Madrid, e veu a ratificar a Alvarez del Manzano cando lle dixo aos madrileños que, cando fora o Barcelona a xogar a Madrid, lles mostrasen como se "reciben aos extranxeiros en España"-, e isa foi a reaccion de Florentino Perez, enseña máxima das esencias españolas (o capitalismo do ladrillo e o cemento), da Caja Madrid e da burguesía española, Botin a cabeza.

¡Como!, deberon exclamar no Paseo de la Castellana -ao lado do edificio Windsor, onde estaba o edificio do antiguo Banco de Santander, agora BSCH-, os vascos controlando Iberdrola, os catalanes coa OPA contra Endesa, e agora veñen os galegos, para controlar a terceiro.

E Botin, con Perez e cía, dixeron: a calquer precio, Santiago y Cierra España! Ortega e demáis actuaron inocentemente, seguro. O fixeron inocentemente como empresarios -Botin seguro que negociou a espaldas deles, e como dixo Castallenos, só unha OPA podería habelo evitado: os cabaleiros entre a burguesía non conta, só conta o diñeiro sobre a mesa-, e como representantes dunha burguesía que pensa que é española: non é certo, a burguesía española é aquela que ten a súa sé social en Madrid ou alrededores, e que ten a súa base productiva, non no textil ou a pesca e derivados, etc., se non na construccion e a especulacion financieira (Botin máis Perez, igual o nucleo duro da burguesia española).

Diste xeito demostraron, de novo, a súa incapacidade para resolver os problemas do país; xa sexa polo servilismo duns (o PP), xa pola inocencia doutros (crerse que somos España, cando a España burguesa só nos ve como un sitio onde se come ven e se vive sen traballar, tranquilos no terruño).

E aos traballadores galegos si que nos vai algo nesta manobras. Cando foi o de Fenosa, perderonse os 800 postos de traballo que a empresa tiña na rúa Fernando Macias de A Coruña, remataron en Madrid ou no paro e xubilacion.

Cando foi do de Puleva e Leyma, contradecindo o supusto axioma dos negocios, de que o pequeno é comido polo grande, aqui a pequena, polo apoio duns políticos e o desinterese doutros, tragouse a grande. O resultado centos de postos de traballo en Arteixo en cuestion.

Agora, andamos a voltas non se o dono de Reganosa, As Pontes, Meirama, ou o que sexa, fala ou non galego (eu penso que a explotacion non ten idioma, e da o mesmo que explote un que fala galego, chinés, ou grego, inglés ou español), se non que, como as empresas teñen os seus proxectos en funcion da rentabilidade economica e non social, pode que os centos ou miles de postos de traballo desas empresas estan no ar.

Se Gas Natural quere e ten como obxectivo estratexico o chamado Arco Mediterrano, pode prometer o que queira, pero unha das primeiras productoras de enerxia do Estado Español pasara a un segundo orden no que fai a distribucion e servizo aos ciudadanos -tamen nos ven dende Cataluña como un sitio onde se come ven e non se traballa, se non que aporta traballadores para a construccion-.

Galiza é unha nación periferica para España e para Cataluña, é unha nación cuio obxectivo na vida é a de aportar materias primas -pesca, enerxia, leite, etc.- e man de obra ao resto.

A burguesía galega, nos ultimos días, pareceron contradecir o lema de que non existe unha "burguesía galega", e demostraron que existe empresarios incapaces de ter conciencia do que son: pensaron que eran españois.

A Xunta, coas declaracions de Touriño volve ao metodo de Fraga: confiamos na boa vountade de F Perez, como fai dous días confiaba na boa vountade de Gas Natural.

E a xente seguirá a emigrar, a xente seguirá mirando para Madrid e Barcelona, onde se decidirán os seus postos de traballo.

A a "inocencia" dos Ortegas e da Xunta, unha vez máis, demostro que o cambio en Galiza, se quere acabar con esta situacion, ten un eixo: dereito a autodeterminacion e distribucion da riqueza segun onde se produce e xenera, e non dende se xestiona.

Pero isto é incompatible coa España actual: Esperanza Aguirre Dixit.

Imprimir Enviar

COMENTARIOS
Asunto: Moi ben
Autor: Colazo (colazo@walla.com)
Comentario:
Gostei deste artigo, respóndelle moi ben a un que lin hoxe no faro. http://www.farodevigo.com/secciones/noticia.jsp?pIdNoticia=22262&pIdSeccion=5&pNumEjemplar=2401
>Responder a este comentario<

Nombre:
E-Mail:
Titulo:
Comentario:
Inserta el número de la derecha
Términos de uso
Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e instituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.

ENVIAR A

Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente




  
  •  Martes, 09 de febrero de 2010Número 3716 |  Año IX
  • | Fundado en 1999
  • |
  •  
  • RSS Portada

© XORNAL.COM, Fundado en 1999 como "EL PRIMER DIARIO ELECTRÓNICO DE GALICIA"
   R/ Galileo Galilei, 4B (Polígono A Grela), 15008 A Coruña (España)
   Teléfono de atención al suscriptor: 902 212 444

Redacción: redaccion@xornaldegalicia.com
Publicidad: publicidade@xornaldegalicia.com
Suscripciones: atencion@xornaldegalicia.com