Coordinadora Unitaria *
...........
,.,
Logo de Xornal.com
  
  •  Domingo, 01 de agosto de 2010Número 3889 |  Año IX
  • | Fundado en 1999
  • |
  •  
  • RSS Portada

Acoso e derrubamento do teleoperador
Coordinadora Unitaria *

Martes, 20 de marzo de 2007
VOTA Sin interés Poco interesante De interés Muy interesante De gran importancia
RESULTADOS DE VOTOSSin interésPoco interesanteDe interésMuy interesante
Imprimir Enviar


Homenaxe aos despedidos

Hoxe é o día definitivo de despidimento para 179 traballadores do 1004 en Atento Coruña.

O público asocia o telemarketing coa venda por teléfono. Sen embargo non relaciona ao teleoperador coas funcións de atención ao cliente, con esa voz amable que explícalle a súa factura, que arránxalle o adsl ou que envíalle un técnico en caso de avaría. E está obrigado a sorrir mentres fala, co chamado sorriso telefónico.

E sen embargo, as razóns para sorrir non son moitas. A negociación do convenio se avecina confusa e dura e os teleoperadores teñen bastante (máis aínda) que perder.

Os contratos no sector son sempre precarios. O máis usual é o contrato de obra, onde a duración vai asociada ás necesidades da campaña (ou do call center); obra que pode ser rematda en calquera momento. Unha variante é o contrato de circunstancias, onde a empresa xustifica picos de produción (redireccionando as chamadas) para contratar durante un mes (quizais renovable outro) e enviar despois o traballador á corentena. A estancia fora do centro de traballo permite que sexa despois un traballador “novo” sen dereitos de antigüidade. Ademais, este contrato permite á empresa recibir subvencións polos cursos de formación.

Tamén se debe ter en conta que os contratos non adoitan ser a xeira completa senón que oscilan entre as 20 e as 35 horas semanais, toda a semana, coas fin de semana libres alternas e con quendas que ocupan as 24 horas do día.

A saúde tampouco é un punto forte da profesión. As doenzas máis comúns teñen que ver coa postura, xa que as cervicais se resienten facilmente. A voz, ferramenta esencial, adoita desgastarse e as afonías son usuais. Ademais o oído perde capacidades, sobre todo o do único casco receptor. Psicoloxicamente, o amor propio se resiente ao tratar frecuentemente coa decepción dos clientes e en determinadas campañas é habitual o acoso laboral.

Como o cadro non é o bastante feo e os traballadores nestas condicións non son aínda baratos abondo, as empresas de telefonía que coñecemos todos, Telefónica, Orange, Jazztel, Movistar, ONO, Vodafone, Ya.com, ... decidiron implantarse allende os mares e deslocalizar os servizos de atención ao cliente e os datos dos seus clientes. A estratexia é desviar as chamadas a Latinoamérica e ao Norte de África para xustificar o fin de obra dos call center españois e realizar despedimentos masivos.

Os teleoperadores están na rúa. Os vimos en Asturias con Amena, en Valencia con Telefónica Móbiles, en Lugo con ONO e na Coruña con Jazztel. Sen embargo, a pioneira é a aínda maioritaria e antes monopolística Telefónica que acumulou máis de 400 despedimentos no 2006 e superounos no que vai de 2007. Atento, a súa filial de atención ao cliente ten sés na Arxentina, Brasil, Chile, Colombia, O Salvador, Guatemala, Marrocos México, Perú, Porto Rico e Venezuela. Tamén ten sés en toda España que van pechando e botando aos seus traballadores á rúa: Valencia, Madrid, Córdoba, Sevilla, Barcelona, Cáceres... e agora, de novo, A Coruña, onde ademais sufriron unha carga policial que vulnera os seus dereitos civís máis esenciais.

De verdade creen que esa voz amable que lles atende (atendía) á outra beira do 1004 ten algún motivo para sorrir?

---

* Coordinadora Unitaria Traballadores do Telemarketing
www.deslocalizacion.com

Imprimir Enviar

COMENTARIOS
Nombre:
E-Mail:
Titulo:
Comentario:
Inserta el número de la derecha
Términos de uso
Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e instituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.
  
  •  Domingo, 01 de agosto de 2010Número 3889 |  Año IX
  • | Fundado en 1999
  • |
  •  
  • RSS Portada

© XORNAL.COM, Fundado en 1999 como "EL PRIMER DIARIO ELECTRÓNICO DE GALICIA"
   R/ Galileo Galilei, 4B (Polígono A Grela), 15008 A Coruña (España)
   Teléfono de atención al suscriptor: 902 212 444

Redacción: redaccion@xornaldegalicia.com
Publicidad: publicidade@xornaldegalicia.com
Suscripciones: atencion@xornaldegalicia.com

Web Statistics