 |
| Manifestos e contramanifestos |
Profesora de lingua e literatura galega.
|
| Sábado, 26 de julio de 2008 |
Vimos asistindo nas últimas semanas a unha curiosa batalla ideolóxica e política sobre un tema tan sensíbel como a lingua. O debate, lanzado polo diario El Mundo de Madrid e contestado desde distintas institucións sociais e culturais da periferia, non fai outra cousa que poñer en evidencia a febleza da construción identitaria nacional do Estado español.
Os asinantes do Manifiesto en Defensa dela Lengua Común constatan coa súa iniciativa que, despois de 500 anos de imposición con toda a violencia real e simbólica utilizada desde o ámbito do poder, o castelán nin foi nin é aínda a lingua común dos españois: houbo sempre outras que incribelmente sobreviviron e semella que contan cuns falantes, e agora tamén cunhas institucións propias, con clara vontade de asegurarlles o futuro.
Houbo algún cambio substancial nos últimos anos/meses/semanas que actuase como detonante do conflito lingüístico e da necesidade de defensa dos intereses dos falantes das diferentes linguas? Non o creo; o que hai é o desenvolvemento normal das prerrogativas legais que a Constitución e os estatutos recoñecen aos gobernos autónomos para a normalización das linguas minorizadas.
Sin vontade firme de aplicar as leis de normalización lingüística
Froito do Estado das Autonomías é o decreto de galeguización do ensino que estabelece un 50% polo menos do curriculum en galego. Unha boa medida para a normalización do galego... se chegase a aplicarse. Digámolo claramente: nin antes nin agora houbo nunca en Galicia por parte dos poderes públicos unha vontade firme de aplicar as leis de normalización lingüística. Era o que noutra época se chamou bilingüísmo harmónico e hoxe non sei como se chama pero ten moito que ver co lema clásico liberal, laissez faire, laisser passer.
Non chamarlles ás cousas polo seu nome é unha estratexia como outra calquera: empezamos o ano pasado admirándonos con iniciativas civico-sociais tan interesantes como “Tan gallego como el gallego” que utiliza un delirante xogo de palabras de imposíbel comprensión para quen non estea no allo.
Que pode ser tan galego coma o galego? Que alambique pode destilar algo que supere en esencia á propia esencia, unha especie de concentrado de galego? Dá para moito que pensar, abofé, dá para tanto que os impulsores decidiron que pensando tan desaforadamente non ían conseguir os seus obxectivos e cambiáronlle o nome de xeito que “Tan gallego como el gallego" pasou a ser “Galicia bilingüe”. A mesma estratexia, pero sen pensar tanto: unha Galicia onde os cidadáns estean interesados e poidan aprender moitas linguas é o desideratum de calquera patriota, que ninguén o dubide, en principio o argumento ideal para sumar vontades. De feito, mediante unha ósmose social “máxica” a inmensa maioría dos cidadáns galegos son competentes en dúas linguas: o galego e o castelán, que usan desigualmente a diario.
O problema é a lingua dos outros, de nosoutros
Xa somos bilingües, polo menos os que vimos de familas galego falantes, congratulémonos! Entón cal é o problema de Galicia bilingüe, cal é o problema dos defensores da lingua común? O problema é a lingua dos outros, de nosoutros: non defenden en realidade unha Galicia realmente bilingüe porque non soportan que as outras linguas (en Galicia, o galego) se vaian desfacendo dos prexuízos vellos e enquistados neste proceso de dignificación que se iniciou co desenvolvemento dos Estatutos de Autonomía que consiste en ir ampliando os seus usos en ámbitos formais, propiciando a súa visibilidade pública e mesmo a súa proxección internacional.
Aborrecen o bilingüísmo, mesmo se ven incapaces de practicalo como facemos os outros con sorpendente habilidade e séntense vítimas, diminuídos nacendo como naceron e educándose como se educaron para a posición dominante. O galego non valía para nada? Pois agora vale! Eu estou feliz de cederlles a posición de vítimas que eles tan ardentemente reclaman. É a súa estratexia, teñen dereito a defendela. Pola miña parte penso que é un momento óptimo para recolocar as fichas no taboleiro. Non imos pelexarnos por seguir sendo as vítimas!
|
|
| COMENTARIOS |
|
Asunto: Oi.. si me falas en inghlés!
Autor: Aurelio Lamelas
(aurlam1@hotmail.com)
Comentario: Comentaba-me a semana pasada unha parente, caixeira de supermercado como unha colega súa se dirixe a un cliente, dicindo-lle unha cifra, iste solicitou que lla repiti-se, e repetiulla en galego como fixera na primeira vez, e iste, irreverente e en tono autoritario lle inqueriu que si el, cliente lle falaba en español, ela tiña que dirixi-se a el en español, o mesmo que si o facia en inglés, o tiña que facer en ista lingua... o inminente conflito saldou-se con un ataque de risa, xa que ista respostou en un ton ben grazoso: "oi.. si me falas en inghlés, enton si que nos i-mos entender moi mal.." e a colaboración, como sempre doutra caixeira ben disposta a tarefas non incluidas na sua nómina.
Isto ben a conto en canto que ista xente, socializada no idioma mais importante do mundo, nunca percibiu ningún conflito, mentres viviu submerxida no seu mundo, na sua burbulla, pero desde o momento que saen de-la, e o seu codigo omniscente, e omnipresente choca con outros , como vostede dize, desprendidos de perxuízos, que lle fan a par, ou unha competencia que eles non preven, xorde o conflicto, a tension, e mesmo a ira... pois o seu estatus se ve prexudicado, a súa superioridade de casta por simplesmentes empregar un codigo parece xa non ser tal, alomenos en algúns excasos casos.
Pola contra os socializados en un código minorizado, gabamo-nos cando ás veces, excasas veces, a nosa lingua é tan válida como a irmá, non sei si maior, si rival, si antagonista, pero desde logo que bastante mal avenidas. E elas non teñen a culpa, son os que face-mos delas unha cuestión de identidade, porque parece que as identidades si son importantes, supoño polo que supoñen de pro, ou/ e contraglobalización, cada quén apontara-se a inercia que goste.
Pero bueno, esta claro que é unha cuestión perceptiva, e o que partindo de determinados códigos de conducta ou actitudes espera unha cousa, e lle sae outra, xenerase-lle un conflicto interno. E isto é tan válido para os que emprega-mos unha lingua como para os que emmpregan outra, para os que considera-mos que unha é a natural e propria, como para os que a perciben como imposta, asi como para os que a consideran nacional, como para os que a percibi-mos, porque asi no la meteron, imposta... En fin, unha imposta para uns, outra percibida como tal.. pero alguén sinte realmente a obrigatoriedade, a forza de aprender galego en iste pais?. Eu si podo probar, porqeu teño unha carta da dirección da empresa na que traballo, que teño a obrigatoriedade de facer os informes en español. Non coñezo nigún caso inverso!.
>Responder a este comentario<
|
Asunto: animaliños sen cornos
Autor: anxos
(anxosgf@edu.xunta.es)
Comentario: Velaí como funciona a lóxica da dominación: apréndese desde o primeiro respiro a esixir ou a encollerse e calar. Todos temos ducias de exemplos de como funciona a dominación lingüística en Galicia. É un pouco cómico que se presenten de vítimas, mais... é unha estratexia que eu estou disposta a apoiar esixindo ferrreamente o que nos pertence a nosoutros.
>Responder a este comentario<
|
Asunto: ¿Qué víctimas?
Autor: LUISA
Comentario: Hace poco en un curso organizado por una universidad pública y que iba dirigido a gente de toda España, uno de los ponentes dió la charla en gallego; pero no contento con eso, cuando en el turno de preguntas alguien le hizo una en castellano, este sr. dijo "eu non entendo esa lingua". Pero esto no lo denuncia nadie, sólo cuando es al revés salta la Mesa inmediatamente. Eso de que algunos utilizan las dos lenguas no es verdad: los galegofalantes se niegan a hablar en castellano, y los castellano hablantes, que antes hablábamos las dos lenguas, gracias a esta imposición y a lo pesados que están los políticos con el tema , estamos empezando a negarnos. Se está creando una rivalidad que no beneficia a nadie.
Se está gastando muchísimo dinero en anuncios, propaganda y cursillos (cada profesor cobra 500000ptas de antes por curso),....Yo ahí ya no me meto, pero que dejen a cada uno hablar la lengua que quiera, el respeto a los demás y la libertad es lo primero.
>Responder a este comentario<
|
Respuestas:
Asunto: Liberdade, igualdade, fraternidade
Autor: Miguel García
(a.miguelgarciacorral@gmail.com)
Comentario:
Estimados amigos:
Pelexar pola lingua resulta un pouco penoso. Pero, polo menos, pelexamos coa lingua. Algo que levamos gañado.
Son un firme partidario da liberdade. Pero hai casos nos que é preciso (debido a unha situación provocada por razóns históricas, culturais, etc) dar un impulso a unha determinada cuestión.
Teño un amigo que dixo unha vez: "tiveron 500 anos, eu só quero 50". Creo que non é preciso nin conveniente tratar ao castelán como foi tratado o galego nas últimas 15 xeracións pero si é necesario tratar de buscar o fortalecemento do idioma e da cultura que forma parte do noso patrimonio.
E, por último, quédame facer referencia á fraternidade. Moi aconsellable para andar pola vida sen facer conflitos onde debe de existir unión e harmonía.
Moitas grazas.
Miguel García
>Responder a este comentario<
|
|
|
|
| Términos de uso |
|
Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés
general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. |
| Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra
Redacción. |
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la
web. |
|
|
|
 |
ENVIAR A |
|
|
|
|
|
|
|
|
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente |
|
|