 |
| Núñez Feixóo, perito postal |

|
| Jueves, 11 de diciembre de 2008 |
|
O líder do PP de Galiza considera que o seu futuro se pode xogar cos votos rabuñados na emigración e di que calquera cousa que non sexa votar en urba é engano seguro.
A visita do presidente dos populares galegos a Buenos Aires, a fins de novembro, iniciouse cun contacto co ministro de interior arxentino, Florencio Randazzo, ao que lle pediu que velase polo rigor do voto emigrante porque da transparencia do voto na Arxentina se pode derivar o futuro goberno de Galiza. Aparte do insólito de que un líder político español vaia pedir a un dirixente estranxeiro que vele polos resultados do seu sistema electoral, convén revisar algúns aspectos da biografía do político galego que fan del un especialista na materia.
Durante o primeiro goberno de Aznar, Núñez Feixóo foi director xeral de Correos nunha etapa de extrema privatización. Neses anos sucedéronse nos procesos electorais da emigración diversas fraudes na emisión de voto. Aínda está fresca a memoria de cando os documentos de identidade se fotocopiaban e se remitían por correo desde locais do PP en diferentes países de América. No caso arxentino, o sistema postal foi obxecto de privatización polo goberno de Menem e estivo moito tempo en mans de Alfredo Yabrán, un empresario que podería protagonizar unha saga de Coppola, corruptor de políticos que acabou suicidado. ¿A empresa de Yabrán era para Feixóo garantía da emisión limpa do voto da maior colonia de galegos na emigración?
No polo oposto está o caso de Suíza. En 2004, no centro de Zürich, o galego Francisco Nogueiras fixo a experiencia de emitir sen obstáculos o voto de vinte e catro concidadáns galegos, para demostrar que nin sequera na Confederación Helvética era posíbel manter os principios que dan brillo ao voto “libre, directo e secreto”.
Lembren tamén os lectores que foi nesa etapa de Núñez Feixóo no goberno de Aznar cando o chamado CERA (Censo de Residentes Ausentes) se multiplicou exponencialmente, o que algúns cualificamos, á vista do sistema co que se votaba, como a preparación dunha inmensa fraude electoral.
Pasou o tempo e agora Feixóo converteuse en verdadeira testemuña de cargo contra un sistema que coñecía á perfección. Considera que o seu futuro se pode xogar cos votos rabuñados na emigración e di que calquera cousa que non sexa votar en urna é engano seguro. Daquela, xa que á subcomisión sobre o voto emigrante nas Cortes a marearon para non chegar a ningún porto e visto que non houbo posibilidade de votar en urna, o mellor que se pode propoñer é suspender o voto emigrante até que alguén poida garantir que o sufraxio que se reciba está emitido libremente.
E non será tan difícil. Hai dez días, Romanía tivo eleccións. En España hai 500.000 romaneses con dereito a voto e o goberno de Bucarest acordou co español preparar vinte puntos para votar. Acudiron 6.000 persoas. Non se sabe de reclamacións.
|
|
| COMENTARIOS |
|
Asunto: no comprendo...
Autor: teresa
Comentario: No comprendo donde está el problema, ni porque se critica a alguién que conociendo bien la cuestión desde dentro pretende cambiarla para que ofrezca las garantías necesarias. No entiendo a que viene tanta crítica por algo que todos coincidimos en que debería haberse hecho mucho antes. ¿O acaso, lo que ocurre, es que viendo que la iniciativa del Sr. Feijóo ofrece una imagen de él, de seriedad y democracia, a alguno le molesta y tiene que echarle tierra encima, para empañar algo tan positivo?
>Responder a este comentario<
|
Asunto: É de sabios saber rectificar
Autor: javier
(kupipitu@hotmail.com)
Comentario: É de sabios rectificar, Nuñez Feijoo demostrou que levou a renovación ao PP, e por iso rompe co fraguismo, porque quere impor o seu estilo, que aposta pola xuventude e pola renovación. Estou seguro que Galicia apostará por Nuñez Feijoo e non por Toruiño ou quintana o enfermeiro que non paga as axudas a dependencia
>Responder a este comentario<
|
Respuestas:
|
|
|
| Términos de uso |
|
Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés
general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. |
| Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra
Redacción. |
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la
web. |
|
|
|
 |
ENVIAR A |
|
|
|
|
|
|
|
|
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente |
|
|