 |
| A nación negada |
Secretaria xeral de Galiza Nova.
|
| Miércoles, 17 de diciembre de 2008 |
|
Seguramente poucas galegas/os coñezan que un 17 de de- cembro, pero de 1483, era executado o Marechal Pardo de Cela na praza Maior de Mondoñedo, símbolo da fin da resistencia galega fronte o proxecto imperialista dos Reis Católicos. Asasinato, precedido de medidas político-militares perfectamente documentadas, encamiñadas a“pacificar”o Reino de Galiza: a invasión, control e sometemento por parte de Castela. Pardo de Cela resistiu asedio de tropas castelás varios anos no Castelo da Frouxeira. Non o invadiron. Non se rendiu. A traizón fixo que fose capturado e decapitado cos seus. Malia que a súa filla, Constanza, continuou a loita, o S.XV é a fin do Reino de Galiza como entidade política propia que gozara de esplendor económico, cultural e lingüístico, séculos antes, ficando baixo dominio castelán.“A doma e castración de Galiza” marca a historia posterior de dependencia político-económica, de imposición lingüístico-cultural española e de negación do noso. Galiza Nova sigue empeñada en reivindicar que Galiza existe por iso esta fin de semana estaremos na Frouxeira.
|
|
| COMENTARIOS |
|
Asunto: ¡ Porqué no nos remontamos a Adán¡
Autor: Pontevedresa
(glocallan@yahoo.es)
Comentario: Con lo jovencita que eres y estás haciendo reclamaciones nada menos que a los Reyes Católicos, caramba, y porqué no a Chindasvinto, Recesvinto o Don Pelayo, ya que allí con la reconquista fue cuando se inició el proyecto de unidad de España. ¿Como tienes esas ideas tan absurdas de agravios por parte del resto de España? Soy tan gallega como tú, y esto me hace sentir unida a los tan diferentes catalanes, castellanos o andaluces o navarros, porque todos somos españoles mal que te pese, si te quieres inventar una nación allá tú, pero vosotros sois excluyentes, otros somos integradores, y somos tan gallegos al menos como sois. El lamento continuo, el sentirse ofendido revela un complejo de inferioridad que nosotros no tenemos motivos para tener.
>Responder a este comentario<
|
Asunto: Sin asunto
Autor: txema
Comentario: Noraboa polo artigo Iria,mais coido que deberiades de facelo máis a miudo,pra xente coma min, de cultura media , penso que moita xente o agradecería,unha aperta e adiante ca nosa mocidade de Galiza Nova , futuro da nosa Galiza , unha aperta
>Responder a este comentario<
|
Asunto: Re: A nación negada
Autor: eu
(eu@mixmail.com)
Comentario: Parabéns polo artigo, fai falta que se revindique unha figura chave na historia e ser do noso pobo.
>Responder a este comentario<
|
Asunto: O ornear non ten fronteiras...
Autor: O'Padín
(franjopadin@hotmail.com)
Comentario: Aimimá! Agora os da U defenden a un tirano feudal que decía que había de encher os carballos colgando deles aos seus vasallos!!! Que dende o humor e o ridiculismo se defenda a figura de Pardo de Cela ten un pase, pero que esta aprendiz de "preguntadora parlamentar" se tome esta cousa en serio!!!
É moi útil que os políticos lean libros e esas cousas, antes de ornear. O malo é que cando se é política dende os 14 anos, non queden tempo para esas parvadas.
>Responder a este comentario<
|
Asunto: Que analfaburra
Autor: Historia falseada
(react42@wanadoo.es)
Comentario: Que pouca idea tes, Iria, a mesma dos que vos seguen e se declaran de cultura media. Falar dun tipo coma ese defendendo a Galicia fronte ó imperialismo é unha burrada tan grande como a túa falta de formación, Iria. Que repetindo unha mentira mil veces poda parecer unha verdade xa o sabía Vicetto, o pseudo-historiador que recoñece que hai moito de fabulación nos seus escritos (menos mal).
Pardo de Cela era o xenro do Conde de Lemos, a quen lle recomenda "pendurar dos carballos ós Irmandiños". Porque señora, o que sucede nesta época é unha revolta antiseñorial, da que ise personaxe tan noxento se intenta aproveitar reprimíndoa e tentando cobrar rentas xurisdiccionais, Iria. O que busca é a pasta, nin galicia nin o carallo vintenove lle importaban demasiado a este señor. A ver si vos enterades dunha vez, Iria, e falas do que saibas algo máis, que estás a repetir a mesmas tonterías, tal cual, do blog do Bietiño Lobeira. Tal coma ti, dous intelectuais.
>Responder a este comentario<
|
Asunto: A noción negada
Autor: Paco
(ghavilan2001@yahoo.es)
Comentario: O que tes negado e a noción das cousas, Iria. Veña falar de algo do que non tes nin idea, ten razón o que dí que ornear non ten fronteiras: a túa estulticia tampouco.
A quen se lle ocurre falar de Pardo de Cela como de figura clave na nosa historia (sí, si o poñemos ao nivel de Romasanta). Pardo de Cela é o que dí que había que pendurar aos irmandiños dos carballos, e todo isto nun contexto de loita antiseñorial, nin nacións nin países nin Galicia contra Castela nin caralladas, Iria, que hai que saber do que se fala antes de poñerse no teclado.
O que me fai gracia é o dos parabéns, menos mal que se recoñecen de cultura media. Media baixa, e xa e moito dicir.
Que vos quede claro, inda que sigades a repetir a mentira milleiros de veces, Pardo de Cela loitóu polas rendas señoriais, IRIA, que o que tes que facer é estudar un pouco.
Que atrevida é a ignorancia.
>Responder a este comentario<
|
Asunto: Organizacion de clase?
Autor: un
Comentario: Pregúntome que diferencia hai entre ti, e os españolistas que reivindican a D pelayo.
Que queda da Galiza Nova que era unha organización de clase?
>Responder a este comentario<
|
Asunto: Nación??
Autor: vaia
(saul.vilag@gmail.com)
Comentario: Eu pensaba que nación era un concepto que aparece coa chegada do liberalismo, falar de nacións no século XV é algo estrano non?
Máis ben parece que tes as túas nocións negadas
Máis cuestión de clase! e menos elevar aos altares aos membros das clases dominantes
>Responder a este comentario<
|
Asunto: Pero Pardo de Cela
Autor: Rex Danorum
(ha_rspoer@hotmail.com)
Comentario: A opinión dun danés afincado en Galicia, ai os vai:
Vexo moitos comentarios de xente que lle vai dicindo a esta muller -Iria Aboi-, que se vai de historiadora e que se documenta, e que Pardo de Cela era un asesino.
Puntualicemos, Pardo de Cela era un nobre galego, que coma todo nobre, fose galego, polaco ou danés, vivía dos campesiños e guardaba a xurisdicción sobre o territorio.
Os intereses de Pardo de Cela chocaron coa Iglesia e co poder dos reis de Castela e Aragón, este nobre como outros nobres, GALEGOS, tivo a valentía de plantarlle cara o autoritarismo castellano, si señores, CASTELÁN, o mesmo autoritarismo que impuxo o idioma dos Castellanos no reino de Galicia, o mesmo que desterrou aos vosos nobres, o mesmo que mandou decepar todas as oliveiras de Galicia, arruinando o comercio marítimo galego, e dando ventaxas o castelán-andaluz.
Se hoxe eses supostos "tiranos" GALEGOS, hubieran gañado a guerra contra Castela, podedes estar seguros que Galicia non sería a terceira autonomía máis pobre de España, e con toda probabilidade quizas ni formaría parte dela, o galego sería un idioma nacional, teriades una dinámica de ESTADO -non de rexión empobrecida e emigrante- e coa privilexiada xeografia que vos fai intermediarios naturais entre o mediterraneo e o norte de Europa, non escaparían todos os vosos recursos económicos hacia a Meseta, podedes estar moi seguros.
Recordobos que a famosa anécdota dos "carvallos" foi escrita despois morte de Pero Pardo de Cela, e é de dubidosa verdad, por outra parte si existe un poema medieval que un desconocido súbdito del lle escribió, decindo asi:
"De mîn a triste Frouseyra,
que por treyçon foy vendida,
derribada na ribeyra,
ca jamais se veo vencida.
Por treyçon tamben vindido
Jesus nosso redentor,
e por aqueestes tredores,
Pero Pardo meu señor."
Seguro que o que escribiu tal, non viou a Pero Pardo de Cela como un tirano.
A ver se esta xente tan erudita que hai no foro, mira un pouco mas a informarse sobre o Reino de Galicia, e deixa de criticar todo canto hai, problema que tiedes todos os galegos.
Defendez o reino de Galicia e a vosa historia, se ainda os queda algo de GALEGOS.
>Responder a este comentario<
|
|
|
|
| Términos de uso |
|
Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés
general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e instituciones. |
| Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra
Redacción. |
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la
web. |
|
|
|
 |
ENVIAR A |
|
|
|
|
|
|
|
|
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente |
|
|